GAÑADORES
[Ampliar
info]
Premio a mellor
curta local: Caracolas, Miguel Caruncho
Premio
do público: A golpe de tacón, Amanda Castro
Premio
a mellor curta animada: A flor máis grande do mundo, Chelo
Loureiré
Premio
a mellor curta de ficción: El mueble de las fotos, Giovanni
Maccelli
Homenaxe:
Susana Maceiras

SANXENXO - FEBREIRO
2009
Festival Audiovisual Galego con proxección internacional Centrado na Curta.
Espacios interiores – Auditorio Municipal (Emilia Pardo Bazán)
Datas: Os días 19, 20, 21, de Febreiro no Concello de Sanxenxo
Organizadores: Concello de Sanxenxo; un concello co audiovisual.
Produción executiva: Mr Misto Films; empresa con ampla experiencia no sector audiovisual, promotora e dinamizadora audiovisual a través de multiplicidade de proxectos que ven desenvolvendo de maneira regular por toda a xeografía galega.
O Festival de A Madama, primeiro festival de audiovisual de Sanxenxo, nace coa intención de divulgar o audiovisual producido en Galicia e dar cabida propostas de fóra do noso territorio. Se ben, coa particulariedade de poñer en valor o traballo da Muller e a súa mirada.
O Festival de A Madama é un marco novo nos festivais en Galicia, nace coa obxectivo recoñercer o traballo das mulleres do cine e do medio audiovisual, e nesta primeira edición outrogarase unha Madama de Honra por unha trayectoria, e sendo referencia no audiovisual galego a Susana Maceiras, unha das máis proliferas produtoras do audivisual galego.
Nesta primeira proposta ten cabida un abano de proxectos de creadores e creadoras de curtametraxes en xénero de ficción, onde destaca a técnica da animación, con temática variada. Mais no futuro abondaremos na producións das Madamas, ao xeito de procurar sorpresas e na prespectiva de muller, ou desde o ollar do outro mais co protagonismo que a muller merece.
En definitiva, trátase de achegar á cidade aos cineastas, directores/as e xente do medio audiovisual; e involucrar á ciudadanía nas diferentes actividades, programacións e visionados das películas.
|